domingo, 28 de noviembre de 2010

Branca Nostalxia

   Esta mañá, repetín o mesmo paseo, esta vez en solitario, que fixera o domingo pasado. A mesma paisaxe de hai unha semana, ofrecía hoxe unha imaxe diferente por mor do manto branco desta primeira nevarada. A neve traeme lembranzas de neno, de cando saía a xogar polos campos próximos a miña casa, agora nin neva coma antes, nin quedan campos...







2 comentarios:

  1. Eu tamén andiven polo Paseo do Pontiñas hoxe, xa na tardiña. Botaba de menos a neve, e foi un gusto re-atopala: ata apaguei a música que habitualmente me acompaña (sempre imos tres: Micra e mais eu... e un terceiro pasexante variable que me vai cantando na orella) para desfrutar da incomparable melodía do xeo que, coma micro-cunchas de marisco da ría... cambiaba de forma baixo os nosos seis pés (dous meus, catro de Micra, mais ningún do terceiro acompañante indefinido).

    ResponderEliminar