Hoxe, aproveitando unha pequena tregua que nos deu a persistente choiva destes días, decidín investir a miña mañá do domingo en dar un longo paseo polos arredores de Lalín. E quixo a casualidade, que o fixera na compaña de Juan Otero Abeledo, que ,como el di, apelídase igual que Laxeiro, pero non é Laxeiro, non...nin falla que lle fai.
Está dotado Juan dunha visión primixenia das cousas, observa e vive a súa vida con inocencia, o que non lle impide ser un loitador, un bo home, un rapaz feliz...
Durante o noso paseo, mentres tomaba algunhas fotografías da nosa paisaxe, el ofrecía a súa particular visión do que eu vía e fotografaba.
Contoume que lle gustaba moito pasear, que o facía para estar en forma, porque, segundo me dixo, hai que coidarse para ser feliz, e estar cachas para ligar, razón non lle falla dende logo...saude e amor, esa é a cuestión.
As súas cifras por un momento abrumáronme, sobre todo as do verán, tódolos días dez quilómetros despois de cear! E as fins de semana, dependía de onde estivese, se lle coincidía nas Rías Baixas, podía ir e volver andando dende Pontevedra a Sanxenxo ou mesmo ata a Lanzada! que é a súa praia preferida. Pregunteille se levaba roupa ou algo reflectinte, pois moitas veces as camiñatas eran pola noite, el díxome que ía con moito coidado, que se ten moito cariño.
Algún pequeno silencio para contemplar a paisaxe, e el volvía a darme a súa particular visión das cousas. Dende o alto de Filgueiroa hai unha bonita vista da vila de Lalín e dende alí, como se pode apreciar na fotografía de enriba, distínguese o noso espectacular consistorio de deseño, case rematado. Para el, a nova casa do concello, nin castro tecnolóxico, nin deseño vangardista, nin nada de nada, el, sinalando o vello pombal dunha casa, dixo convencido que o novo edificio consistorial parecía iso... un pombal.
Xa rematando o paseo, fíxome unha importante revelación, que agora aquí vola veño a contar: díxome que para ser feliz son necesarias dúas cousas: cariño e disciplina, moita disciplina recalcou. Ficou uns instantes mirando para min cos seus pequenos e inocentes ollos verdes, nos que se apreciaba unha mirada de satisfacción, propia de quen se sabe en posesión da verdade, da súa verdade.
Enfilamos por Donramiro cara ao centro de Lalín, non sen antes pararnos ante a casa de José Otero Abeledo (Laxeiro), e no cruce da circunvalación nos despedimos...un bo tipo este Juan.
X. Carlos Calvo Ulloa.

bo
ResponderEliminardan ganas de pasear por ahí
ResponderEliminarMoi bo Carlos...por un momento pasei con vos...
ResponderEliminarGrazas polos comentarios. Carlos, unha aperta amigo.
ResponderEliminar