martes, 15 de febrero de 2011

"NEMO ME IMPUNE LACESSIT"

Robert the Bruce, Rei dos escoceses.
                       
   "Nemo me impune lacessit" (Ninguén me ofende impunemente), esta é a lenda que reza no escudo de armas de Escocia. A frase representa ben o carácter do pobo escocés ao longo da súa dilatada historia. Orgullosos tanto na fortuna como na adversidade, sobre todo nesta última, porque, ademáis de whisky, se de algo sabe Escocia é de adversidades. Chegáronlle éstas, na súa maioría, da man dos seus moitas veces odiados veciños ingleses. Pero a historia, xuiz inapelable, e a pesar do incesante empeño dos escoceses pola súa liberdade, tiña xa dictada a súa sentenza, e así, no ano de 1.707, vese obrigada a asinar a Acta de Unión con Inglaterra, e pasar desta maneira a formar parte do Reino Unido da Gran Bretaña; constituido polo Reino de Inglaterra, no que se incluía Gales, e o Reino de Escocia. Case un Século despois uniríase Irlanda, ata quedar na actualidade como Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte.
   Non obstante, esa "unión" non privou a Escocia de certas particularidades, primeiramente segue tendo a consideración de Reino, aínda que integrado, xunto co de Inglaterra, nun só Reino de Gran Bretaña; conservou a facultade de emitir moeda (Libra Esterlina Escocesa); o seu sistema educativo; cooficialidade do Inglés co Gaélico (lingua propia de Escocia de orixe céltico); selección nacional de futbol e rugbi. Todos eles máis símbolos identitarios (o que non é pouco), que de poder real ou de autonomía efectiva. Non así o feito de ter un Sistema Legal propio recoñecido polo Dereito Internacional.
   No referinte aos seus Órganos de Goberno, en referéndum celebrado no 1.997, o pobo de Escocia votou maioritariamente a favor de recuperar as institucións propias de goberno, e no 1.998 constituiuse o Parlamento Escocés. Na actualidade o Partido Nacionalista Escocés, ten acadada a maioría simple, o que abre a porta, vía referéndum, a unha futura independencia.
   En todo caso, acaden ou non a independencia do Reino Unido, Escocia síntese orgullosa do que é, unha NACIÓN.


Bandeira de Escocia (Cruz en aspa de San Andrés)

A Bandeira do Reino Unido (Union Jack), é a amalgama da bandeira ecocesa e a inglesa, unha superposición da cruz de San Xurxo vermella (bandeira inglesa) á cruz branca de San Andrés (bandeira escocesa).
 
Bandeira de Inglaterra coa cruz de San Xurxo

   Pero deixémonos de historias, se por algo se caracteriza Escocia é polos seus tópicos: o Whisky escocés, a Saia escocesa, a Gaita, os Cadros, William Wallace... neste caso os tópicos, dende o meu punto de vista, non son malos, todo o contrario. Cando un viaxa a Escocia, vai coa esperanza de que eses tópicos se cumplan, e así é. Certo, un chega a Alba, e vé que hai homes que levan saia (Kilt), que os seus famosos cadros están omnipresentes, as destilerías salpican profusamente a súa paisaxe, e o son da gaita pode irrumpir en calquera esquina na rúa, dentro dun pub, ou nunha cerimonia. É sen dúbida un país onde os tópicos se cumplen...si, pero con encanto.
   Pola miña parte se tivera que definir Escocia nunha soa verba, esa, sen dúbida, sería PAISAXE, e como unha imaxe vale máis que mil palabras, aí vos deixo unhas cantas. Agardando que vos gusten, despídome ata a seguinte entrada.

Glen Coe


Cervos no Glen Coe


Pesqueiros fondeados nun canal de Fort William


Res das Highlands


Eilean Donan Castle



Edimburgo



Barrio de Edimburgo




Panorámica de Edimburgo

                            

No hay comentarios:

Publicar un comentario